Imos de Viños
- Xosé Luís Ledo Andión
- 2012
- programa tv
- 30'
- Galego
Serie de trece capítulos que nos achega unha maneira de vivir a nosa cultura a través dos viños galegos. Durante os programas a presentadora e actriz Susana Sampedro vai de viños cunha personaxe que entrevista e a partires disto diferentes reportaxes sobre o viño, as labores da vide, adegas, furanchos, vendimas, festas e máis festas. Unha serie producida por Nós para TVG, S.A.
Film credits
Xosé Luís Ledo Andión
Xosé Luís Ledo Andión (Castro de Rei, 1947), licenciado en Xornalismo, con especialidade en “guión e documental”. Traballou na administración pública pero a súa vida sempre estivo ligada á comunicación sendo un dos fundadores da primeira radio da Costa da Morte “Radio Nerio” ou columnista en diarios coma “O Correo Galego”.
Director dos documentais “Outra música en Compostela”. “Bestas”, “O País dos mixtos”, “O Grabelo” e “Inmigrantes no país da emigración” e das series para TVG “O Corpo da alma”, “Imos de Viño” e “Familia de oficio”. Tamén codirixiu con Patricio Guzmán “Retratos”, documental sobre a cidade de Compstela.
É na actualidade o director da produtora “Nós, produtora cinematográfica galega”