Familia de Oficio
- Olaia Ledo Díaz
- 2016
- Serie documental
- 28'
- Galego
Hai familias en que o saber facer se transmite de xeración en xeración e o mesmo oficio vai pasando de pais a fillos e perfeccionándose co tempo. Trátase moitas veces de traballos que están a piques de desaparecer e, noutros casos, as novas xeracións combinan a sabedoría da tradición coa calidade da innovación.
Achegarse á figura da familia como alianza e lugar de coñecemento, é o obxectivo do programa, realizado por Nós, Produtora Cinematográfica Galega.
Cada capítulo conta a historia dunha familia onde distintas xeracións conviven no coñecemento e aplicación dun oficio. Músicos, restauradores, oleiros, palilleiras, polbeiras, ferreiros, zapateiros e outros oficios de diferentes sectores amosarán a través de diferentes personaxes o día a día do noso país. As familias protagonistas de cada semana falarán sobre o seu traballo, contarán anécdotas e explicarán os cambios que o seu oficio sufriu co devir do tempo.
Film credits
Olaia Ledo Díaz
Natural de Corcubión, a súa primeira incursión ao cinema é nesa vila aos seis anos na produción "limpade malditos". Licenciada en Ciencias do Mar, a súa toma en contacto co audiovisual é, desta maneira, primeiro a través da familia, cun ciclo de produción de radio, tele e cinema e un máster en posprodución de video despois. Traballadora como guionista nos documentais "O país dos Mixtos", "Inmigrantes no país da emigración" e nos programas para a TVG "Imos de Viños" e "Familia de Oficio", en Nós tamén traballou como axudante de produción no filme "A Cicatriz Branca" e é a produtora executiva da segunda e terceira tempada de Familia de Oficio. Xurado no 2011 do MUFEST, realizou diversas curtas documentais para Semente Trasancos na que é salientable "Neira Vilas e Semente" a cal participou no Festival de Cine Galego de Adega (Lugo, 2015) e "Semente e Língua" curta que se pode ver na canle de youtube. Colaborou en sermosgaliza cunha columna sobre cinema galego na súa edición en papel. É a directora de produción no último filme da produtora: Nación
- Olaia Ledo Díaz
- 2016
- Serie documental
- 28'
- Galego