Bestas

  • Xosé Luís Ledo Andión
  • 2002
  • Filme documental
  • 56'
  • Galego

“BESTAS” 

Conta a historia de relación entre homes e bestas, de respecto e entendemento, máis aló do contido lúdico que representan as festas das rapas, para entrar no significado profundamente galego do traballo en común, do entendemento entre humanos e animais, de ligazón co propio entorno.

Ambientado en tres escenarios emblemáticos deste rito: a Capelada (Cedeira), Sabucedo (A Estrada) e Santo Tomé (O Valadouro), este documental conta a historia dunha das tradicións galegas máis antigas, o seu desenvolvemento e o seu futuro. Cunha gran forza visual, a obra céntrase tanto nas espectaculares pelexas dos garañóns como na tensión dramática dos aloitadores (os encargados de domeñar os cabalos) de Sabucedo.

Foi estreado no Salón Teatro o 7 de decembro de 2001 e en TVG o 17 de maio de 2002. Foi seleccionada e participou na sección oficial informativa do Festival de Cine de Málaga de 2002 sendo unha foto do filme motivo central da revista de dito festival.

Film credits
Director e Guionista Xosé Luís Ledo Andión
Directora de produción Carmen Ciller Tenreiro
Montaxe Jaime Alonso Montero
Cámaras Micha Zielke, Diego Laranxeira, Xurxo Sánchez
Son Elías Quiroga
Música Elías Quiroga
Produción Nós, P.C.G., S.L., e TVG, S.A.

Xosé Luís Ledo Andión

Xosé Luís Ledo Andión (Castro de Rei, 1947), licenciado en Xornalismo, con especialidade en “guión e documental”. Traballou na administración pública pero a súa vida sempre estivo ligada á comunicación sendo un dos fundadores da primeira radio da Costa da Morte “Radio Nerio” ou columnista en diarios coma “O Correo Galego”.

Director dos documentais “Outra música en Compostela”. “Bestas”, “O País dos mistos”, “O Grabelo” e “Inmigrantes no país da emigración” e das series para TVG “O Corpo da alma”, “Imos de Viños” e “Familia de oficio”. Tamén codirixiu con Patricio Guzmán “Retratos”, documental sobre a cidade de Compostela.

É na actualidade o director da produtora “Nós, produtora cinematográfica galega”

  • Xosé Luís Ledo Andión
  • 2002
  • Filme documental
  • 56'
  • Galego

Contido extra: fotografías da rodaxe, entrevista director

 

DVD

O nome da produción na que estás interesado/a.
Indica o teu nome.