Nación estrea en cinemas a partir do 26 de marzo
12.Mar.2021Nación, o filme de Margarita Ledo que vén de recibir o premio á mellor dirección no Festival Europeo de Cine de Sevilla, estréase o 26 de marzo en cines de todo o estado.
Xa podedes ver o tráiler de "Nación" en todas as plataformas
11.Out.2020O domingo 11 de Outubro estreouse o tráiler de Nación en todas as plataformas. O filme de non ficción de Margarita Ledo comeza singladura por diferentes festivais antes de pasar polas salas de cinema.
A posprodución de Nación chega ao seu fin e comeza unha nova etapa
07.Out.2020A rodaxe de Nación durou, en diferentes fases , un ano. O traballo de documentación e guión moito máis.
Rematada a terceira tempada de familia de oficio
19.Ago.2017Foi unha tempada longa no traballo, máis dun ano de gravacións e máis pronto que tarde poderedes vela na TVG. Queremos agradecer ás familias o bo ambiente e que abriran as portas e xanelas das súas casas para mostrarmos toda a luz que transmiten os seus oficios e o seu día a día.
Santa Liberdade na fundaçom Artábria
19.Xan.2017Esta sexta (venres) 20 de xaneiro ás 20h proxectarase en Ferrol no local da Fundaçom Artábria o filme de Margarita Ledo "Santa Liberdade", primeira longametraxe da catedrática en comunicación audiovisual e ao cal seguirían outros coma Liste, pronunciado Líster ou A cicatriz branca.
Esta fin de semana estaremos no Culturgal e na Revista FDS
03.Dec.2016A maior feira da industria da cultura en Galiza contará coa presenza da nosa produtora os dous días. Onte (venres 2), o xerente de Nós, participou nunha palestra sobre televisión e mañá á 13:30 no salón de actos proxectarase Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra.
Premio "Facer País" 2016 a Margarita Ledo
10.Nov.2016A catedrática de comunicación audiovisual, académica e membro fundadora da produtora Nós, Margarita Ledo Andión é a gañadora do XV Premio Ramón Piñeiro "Facer País", galardón da Asociación Cultural Val de Láncara que recoñece cada ano o labor dunha persoa ou entidade a favor do desenvolvemento de Galiza.
Proxección A cicatriz branca no Grove
05.Mai.2016Nova proxección da cicatriz branca. O concello do Grove, dentro de Cinemas de Galicia porá este sábado 7 na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey (rúa Monte da Vila, 11) ás 20h o filme de margarita Ledo Andión, A Cicatriz Branca.
Proxección en Bos Aires da Cicatriz Branca
26.Abr.2016A cicatriz branca volve a Bos Aires co gallo da Feira Internacional do Libro. Proxectamos o día 4 de maio ás 21:00h no Espazo INCAA Gaumont.
Pesentación libro - DVD en Ourense
05.Abr.2016Presentación en Abril de Manuel María eu son fala e terra desta miña terra
exposición 15/40 aniversario 23 de marzo
22.Mar.2016O mércores 23 de Marzo a partires das 20h da tarde inauguramos unha exposición restrospectiva dos 15 anos da refundación da produtora Nós na Galería Rei Zentolo Ribeira.
Proxección
10.Mar.2016O venres 11 de marzo na casa dos saberes (Lugo) proxectarase Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra e presentamos o libro-DVD de Margarita Ledo Andión sobre Manuel María.
APuntamentos para un filme
08.Mar.2016Presentación do documental de APuntamentos para un filme. Apuntamentos previos á rodaxe da Cicatriz con mulleres galegas que emigraron cara as américas cunha historia nunca contada até o de agora.
Presentación na Coruña do Libro-DVD Manuel María
29.Feb.2016O vindeiro Venres 4 ás 19:30 en Berbiriana, libros e grolos presentamos na cidade da Coruña Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra.
Penúltimo programa de Familia de Oficio
27.Feb.2016Este domingo 28 todos pegados á pantalla da galega para ver o penúltimo programa da tempada. Estaremos na Estrada, na gandeiría Louzao.
Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra
26.Feb.2016O xoves 25 de febreiro presentamos o libro-DVD Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra na libraría NUMAX. O libro e o documental dirixdo por Margarita Ledo son unha homenaxe ao poeta da terra que sae a luz no 2016 co gallo das letras galegas adicadas a el