A posprodución de Nación chega ao seu fin e comeza unha nova etapa

07.10.2020

A rodaxe de Nación durou, en diferentes fases , un ano. O traballo de documentación e guión moito máis. O resultado é unha peza documental de non ficción con perspectiva de xénero onde a súa directora e guionista, Margarita Ledo móstranos a muller e a súa loita para chegar ao estatus de "cidadá" de plenos dereito "Tardámosche moito en ser Nación!" reclama unha das súas protagonistas.

O filme relata o pasa da muller labrega ao mundo operario sen tampouco abandonar este. Agora o filme percorrerá novos camiños. O dos festivais para logo chegar ao cinema comercial. Cinema galego na lingua propia disposta a ser universal. Non vola perdades. En breve saberedes máis.