Apuntamentos para un filme
- Margarita Ledo Andión
- 2012
- Documental
- 48'
- Galego
Apuntamentos para un filme. A aprendizaxe e a autoestima a través de filmar a palabra e a paisaxe de fondo documental que anomeamos Apuntamentos para un filme, onde cada fragmento, cada pequena emoción, a expresión calma ou a emerxencia da dor latente constrúen una atmosfera de eterno presente. “Apuntamentos para un filme” recolle testemuños dos que agroman as personaxes da ficción “A Cicatriz Branca”.
Film credits
Margarita Ledo Andión
Poeta e escritora, da súa novela Porta Blindada (Edicións Xerais, Vigo,1990) sae a personaxe masculina central do filme ‘¡A cicatriz branca’; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (Gustavo Gili, Barcelona, 2005), Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en ‘Illa’ (2009) ou en ‘Cienfuegos, 1913’ (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar todo o que na historia ficou sen desenvolver nos seus documentarios ‘Santa Liberdade’ (Galiza/Brasil/Venezuela, 2004) e en ‘Liste, pronunciado Líster’ (Galiza,2005), para desenvolver proxectos académicos en torno ás pequenas cinematografías, as políticas da diversidade e os novos modos de consumo cultural. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación, e coñeceu o exilio durante a ditadura franquista.