Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra

  • Margarita Ledo Andión
  • 2016
  • Libro- DVD
  • 27'
  • Galego

Celebrado no mundo da creación cultural, a súa atitude foise labrando a pé dun libro de horas que o levan da inadaptación á acción política. O seu mundo é a fala (tertulias, conversas, tabernas, foros, ágoras, mítines…) o nome das cousas, a palabra pola que accede a se expresar coa terra que tripa e a terra que contempla nunha viaxe infinda.

 Entre filme de montaxe de imaxes de diferentes fontes , motivos e épocas, e máis filme de rodaxe por

entre espazos alegóricos que realizan a posta en imaxe da personalidade de Manuel María, o documental pénsase coma un eco interior, con elementos moi próximos ás técnicas de filmar o íntimo´

As interrogantes que o filme intenta desvelar teñen que ver co paso que dá o autor para se pór a escribir en galego ao comezo dos anos cincuenta ; coa relación empática cos lugares de seu e cunha actividade inmensa e diversa que o levou mundo adiante por milleiros de actos, presentacións feiras, festas, manifestacións…

Film credits
Guión Margarita Ledo e Carme Vidal
Documentación Margarita Ledo, Sira Vidal e Carme Vidal
Axudantes de documentación Silvia Roca e Miguel Fernández
Colaboración especial Camilo Gómez Torres
Cámara e montaxe Silvia Roca
Posproducións Cristina Morquillas
Pospordución Gaspar Broullón Pastoriza
Música Paulino Pereiro
Colaboran Deputación da Coruña, Facultade de Ciencias da Comunicación USC

Margarita Ledo Andión

Poeta e escritora, da súa novela Porta Blindada (Edicións Xerais, Vigo,1990) sae a personaxe masculina central do filme ‘¡A cicatriz branca’; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (Gustavo Gili, Barcelona, 2005), Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en ‘Illa’ (2009) ou en ‘Cienfuegos, 1913’ (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar todo o que na historia ficou sen desenvolver nos seus documentarios ‘Santa Liberdade’ (Galiza/Brasil/Venezuela, 2004) e en ‘Liste, pronunciado Líster’ (Galiza,2005), para desenvolver proxectos académicos en torno ás pequenas cinematografías, as políticas da diversidade e os novos modos de consumo cultural. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación, e coñeceu o exilio durante a ditadura franquista.

  • Margarita Ledo Andión
  • 2016
  • Libro- DVD
  • 27'
  • Galego

Libro escrito por Margarita Ledo, Carme Vidal, Fernando Fernán Vello, Paulino Pereiro e Darío Xohán Cabana. O filme está subtitulado ao castelán e ao inglés no DVD

DVD

O nome da produción na que estás interesado/a.
Indica o teu nome.