O Garabelo

  • Xosé Luís Ledo Andión
  • 2006
  • Documental
  • 27'
  • Galego

Curta documental sobre o personaxe do Garabelo e a situación que se viviu na Terra Cha tralo asasinato de tres persoas por parte deste personaxe pola disputa de dous carballos

Film credits

Xosé Luís Ledo Andión

Xosé Luís Ledo Andión (Castro de Rei, 1947), licenciado en Xornalismo, con especialidade en “guión e documental”. Traballou na administración pública pero a súa vida sempre estivo ligada á comunicación sendo un dos fundadores da primeira radio da Costa da Morte “Radio Nerio” ou columnista en diarios coma “O Correo Galego”.

Director dos documentais “Outra música en Compostela”. “Bestas”, “O País dos mistos”, “O Grabelo” e “Inmigrantes no país da emigración” e das series para TVG “O Corpo da alma”, “Imos de Viño” e “Familia de oficio”. Tamén codirixiu con Patricio Guzmán “Retratos”, documental sobre a cidade de Compstela.

É na actualidade o director da produtora “Nós, produtora cinematográfica galega”