Liste, pronunciado Lister
- Margarita Ledo Andión
- 2007
- Documental
- 112'
- Español
O neno Xesús Liste –de pai canteiro e de nai campesiña- emigra a Cuba no 1918 e a súa historia personal correrá parella coa do século: en 1927 entra no Partido Comunista Cubano e en 1928 regresa a Galiza onde organiza o Sindicato de Oficios Varios da súa comarca, Teo. O cárcere e unha dura condea pendente aconsellan que saia cara Moscú. Ao seu regreso, en 1935, é responsábel do traballo antimilitarista nos cuarteis de Madrid e, de súpeto, a guerra: civil, mundial, fría... máis un R incoporado para sempre ao seu nome, unha historia de amor que se inicia cun baile amenizado pola Orquestra da 11 División en Caspe, novembre de 1937 e aquela homenaxe en La Habana, 1961, que é cando Ché Guevara o honracoa frase... en tu columna contento lucharía.
Film credits
Margarita Ledo Andión
Poeta e escritora, da súa novela Porta Blindada (Edicións Xerais, Vigo,1990) sae a personaxe masculina central do filme ‘¡A cicatriz branca’; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (Gustavo Gili, Barcelona, 2005), Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en ‘Illa’ (2009) ou en ‘Cienfuegos, 1913’ (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar todo o que na historia ficou sen desenvolver nos seus documentarios ‘Santa Liberdade’ (Galiza/Brasil/Venezuela, 2004) e en ‘Liste, pronunciado Líster’ (Galiza,2005), para desenvolver proxectos académicos en torno ás pequenas cinematografías, as políticas da diversidade e os novos modos de consumo cultural. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación, e coñeceu o exilio durante a ditadura franquista.
- Margarita Ledo Andión
- 2007
- Documental
- 112'
- Español