Rematada a terceira tempada de familia de oficio

19.08.2017

Foi unha tempada longa no traballo, máis dun ano de gravacións e máis pronto que tarde poderedes vela na TVG. Queremos agradecer ás familias o bo ambiente e que abriran as portas e xanelas das súas casas para mostrarmos toda a luz que transmiten os seus oficios e o seu día a día. Temos claro que son exemplos dun país que ten moitísimo que amosar e do que aprendemos os que traballamos nesta equipa. Nesta terceira etapa de Familia de Oficio fumos alén dos mares e atracamos cuns mariñeiros de Cambados nun porto de Cantabria pescanso xarda de maneira sostíbel, gravamos zonas máis insdustriais e fumos máis íntimos noutros capítulos. Todo para que gocedes os programas e para homenaxearen ás persoas protagonistas