O país dos Mixtos
- Olaia Ledo Díaz
- 2006
- Documental
- 56'
- Galego
Un país entre Galiza e Portugal, un territorio que funcionou como república independente: as aldeas de Meaus, Santiago e Rubiás puideron ser quizais una república dos soños se non fose polo Tratado de Lisboa de 1862 esnaquizando a liberdade dos habitantes do Couto Mixto: podían escoller nacionalidade, non pagaban impostos, comerciaban con tabaco cando estaba prohibido noutros territorios e tiñan un camiño privilexiado para cruzar fronteiras. Agora una asociación recupera todos os anos a xuntanza dos “homes de acordo” (persoas das tres aldeas que tiñas que estar dacordo para abrir unha arca con tres fechaduras e pór documentos) e fan unha festa, recuperando a súa memoria histórica. O antes, o agora e o que depara o seu futuro aparece neste documental onde escritores, persoas que viven hoxe no Couto Mixto e os seus actuais “homes de acordo” son os protagonistas desta historia. O relato está contado como unha noticia de prensa e remata cun final do que queren os habitantes destas tres aldeas para O país dos Mixtos.
Film credits
Olaia Ledo Díaz
Natural de Corcubión, a súa primeira incursión ao cinema é nesa vila aos seis anos na produción "limpade malditos" . Licenciada en Ciencias do Mar, a súa toma en contacto co audiovisual é, desta maneira, primeiro a través da familia e cun ciclo de produción de radio, tele e cinema e un master en posprodución de video despois. Traballadora como guionista nos documentais "O país dos Mixtos", "Inmigrantes no país da emigración" e nos programas para a TVG "Imos de Viños" e "Familia de Oficio", en Nós tamén traballou como axudante de produción no filme "A Cicatriz Branca" e é a produtora executiva da segunda e terceira tempada de Familia de Oficio. Xurado no 2011 do MUFEST, realizou diversas curtas documentais para Semente Trasancos na que é salientable "Neira Vilas e Semente" a cal participou no Festival de Cine Galego de Adega (Lugo, 2015) e "Semente e Língua" curta que se pode ver na canle de youtube. Colaborou en sermosgaliza cunha columna sobre cinema galego na súa edición en papel e na actualide cursa un ciclo sobre guión. É a directora de produción do último filme de Nós : Nación.