Xa podedes ver o tráiler de "Nación" en todas as plataformas

11.10.2020

O domingo 11 de Outubro estreouse o tráiler de Nación en todas as plataformas. O filme de non ficción de Margarita Ledo comeza singladura por diferentes festivais antes de pasar polas salas de cinema. A produtora Nós presenta este adianto para que vaiades coñecendo a intención da película na que Mercedes Peón é a creadora da banda sonora que podedes escoitar tamén no tráiler un pequeno fragmento.