Inmigrantes no país da emigración

  • Xosé Luís Ledo Andión
  • 2009
  • Documental
  • 58'
  • Galego

Documental que abrangue a emigración coma unha realidade actual mostrando os seus puntos positivos e negativos para as persoas que a realizan e as vantaxes que ofrece para a sociedade que os acolle. O documental presenta sete personaxes diferentes con realidades distintas onde tres son diferenciados do resto: a dun galego que marchou de neno á Alemaña, a dunha caboverdiana afincada en Burela e a dun Rumano que trouxo aquí a toda á familia en busca dun futuro xusto. Tres historias separadas do resto e cun guión que mostra as caras do drama en primeira persoa e deixa profundas reflexións a quen o mira. Ademais conta coas opinións de Adina Dimitru (porfesora da USC especializada en integración) e do Presidente do Foro Galego da Inmigración. Grandes historias con personaxes que loitan pola súa propia dignidade.

O filme foi estrado no Teatro Principal no ano 2009, exposta polo Foro Galego da Inmigración no 2010 e emitida na TVG no 2010

Film credits
Guión e idea orixinal Olaia Ledo Díaz
Director Fotografía Micha Zielke
Son Alejandro García
Montaxe Xosé Manuel Hermida
Posprodución son Cinemar films
Posprodución imaxe Gaspar Broullón

Xosé Luís lLedo Andión

Xosé Luís Ledo Andión (Castro de Rei, 1947), licenciado en Xornalismo, con especialidade en “guión e documental”. Traballou na administración pública pero a súa vida sempre estivo ligada á comunicación sendo un dos fundadores da primeira radio da Costa da Morte “Radio Nerio” ou columnista en diarios coma “O Correo Galego”.

Director dos documentais “Outra música en Compostela”. “Bestas”, “O País dos mistos”, “O Grabelo” e “Inmigrantes no país da emigración” e das series para TVG “O Corpo da alma”, “Imos de Viños” e “Familia de oficio”. Tamén codirixiu con Patricio Guzmán “Retratos”, documental sobre a cidade de Compostela.

É na actualidade o director da produtora “Nós, produtora cinematográfica galega”

  • Xosé Luís Ledo Andión
  • 2009
  • Documental
  • 58'
  • Galego

DVD

O nome da produción na que estás interesado/a.
Indica o teu nome.