Santa Liberdade na fundaçom Artábria

19.01.2017

Esta sexta (venres) 20 de xaneiro ás 20h proxectarase en Ferrol no local da Fundaçom Artábria o filme de Margarita Ledo "Santa Liberdade", primeira longametraxe da catedrática en comunicación audiovisual e ao cal seguirían outros coma Liste, pronunciado Líster ou A cicatriz branca. Neste documental nárrase un episodio importante da nosa historia que saíu á luz coma un acto de xustiza porque como cita Avilés de Taramancos "A camelia existe ao dicir o seu nome", Santa Liberdade é xa imprescindíbel no audiovisual galego e universal.