Premio "Facer País" 2016 a Margarita Ledo

10.11.2016

A catedrática de comunicación audiovisual, académica e membro fundadora da produtora Nós, Margarita Ledo Andión é a gañadora do XV Premio Ramón Piñeiro "Facer País", galardón da Asociación Cultural Val de Láncara que recoñece cada ano o labor dunha persoa ou entidade a favor do desenvolvemento de Galiza. O xurado destacou o traballo que Ledo realizou desde moi nova a prol da lingua e da cultura galegas.  Esta XV edición celebrarase o vindeiro sábado 12 e comezará ás 20h cunha recepción no concello por parte do alcalde, a corporación máis a Asociación Cultural "Val do Láncara". Ás 11:30  farase unha visita á casa paterna de Fidel e Raúl Castro e seguidamente servirase un almorzo. O comezo dos actos do premio será a partir das 13:45 e nel intervirán Xulio Xiz Ramil, Olalla Rodil e Basilio Losada. Ás 14:30 celebrerase o Xantar de Honra no que calqueira que o desexe pode participar retirando invitación previa. Haberá tamén actuacións musicais. Para anotarse ao xantar ou calqueira dúbida será atendida polo membro da asociación Carlos López Sierra nos teléfonos 982167454 ou 627537176. Parabéns Margarita por este premio ben merecido.