Esta fin de semana estaremos no Culturgal e na Revista FDS
A maior feira da industria da cultura en Galiza contará coa presenza da nosa produtora os dous días. Onte (venres 2), o xerente de Nós, participou nunha palestra sobre televisión e mañá á 13:30 no salón de actos proxectarase Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra. Haberá coloquio da man de Carme Vidal (coguionista xunto a Margarita Ledo e documntalista do documental) e Xosé Luís Ledo. Estas xornadas realízanse grazas á organización de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) que é a encargada este ano dos contidos audiovisuais da feira e da que forma parte a nosa produtora.
Ademais esta semana tivemos a honra de presentar o documental de Manuel María na Sorbona da man de Margarita Ledo e hoxe sábado no programa A Revista FDS da primeira canle da TVG farán unha reportaxe sobre NÓS coa presenza de Xosé Luís. A entrevista emítese en directo na Galega ás 13:30