Apuntamentos para un filme

Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Ían destinadas a servir. A aprendizaxe da auto-estima a través de filmar a palabra é a paisaxe de fondo do documental que anomeamos Apuntamentos
para un filme, onde cada fragmento, cada pequena emoción, a expresión calma ou a emerxencia da dor latente constrúen unha atmosfera de «eterno presente». Apuntamentos para un filme recolle testemuños dos que agroman as personaxes da ficción A cicatriz branca.
Nós Productora Cinemátográfica Galega S.L.
e MLA