Ao chegarmos a porto, dúas señoras da igrexa católica fixéronse responsábeis de nós, das rapazas que viñamos soas. E dos nosos papeis. Para non ter que pasar o control de emigrantes, dixeron. A casa onde sirvo é boa. Hai dous rapaces. Agardo estea ben, avoa. Non deixe de comer...
(Merce)

Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.

Ficha técnica

  • Título orixinal
    A cicatriz branca
  • Título internacional
    White Scar
  • Xénero
    Ficción
  • Ano
    2012
  • País
    Galiza (España), Arxentina
  • Produtoras
    Nós, Produtora
    Cinematográfica Galega
    Haddock Films
    CRTVG
  • Duración
    92’
  • Idioma
    Galego
  • Formato de gravación
    XDCAM HD 422
  • Aspect ratio
    1.85:1
  • Localizacións
    Galiza, Bos Aires

Ficha técnica

  • Guión e dirección
    Margarita Ledo Andión
  • Dirección de fotografía
    Pablo Cayuela Miguel
  • Son
    David Machado
    Sebastián Sonzongni
    Xoan Escudero
  • Edición
    Ramiro Ledo Cordeiro
  • Música
    Abe Rábade
  • Elenco
    Eva Veiga
    Xabier Deive
    Lino Braxe
    Tamar Novas
    Margarita Fernández
    Mónica Camaño
    Xoana Pintos
    Clotilde Iglesias
    Néstor Ageitos
    Darío Ageitos
  • Colaboración especial
    Manuel Sánchez Salorio
    Carmen Valiño de Arias
  • Produción executiva
    Margarita Ledo Andión
    Vanessa Ragone
  • Dirección de produción
    Katrin Pors
    Carolina Urbieta
  • Coord. produción
    Silvia Roca
  • 1º Axudante de dirección
    Ozo
  • Dirección de Arte
    Bernardo Tejeda
  • Xefa de Arte
    Andrea Benítez
  • Preparación actoral
    Carlos Neira
  • Posprodución de son
    Cinemar Films
  • Posprodución de imaxe
    Deluxe Madrid
  • Consultoría de Son
    Dolby
  • Créditos
    Uqui/cebra

Contacto

NÓS, PRODUTORA
CINEMATOGRÁFICA
GALEGA S.L.

Rúa da Estrada 71, 2 A.
15702. Santiago de Compostela

acicatrizbranca[a]gmail.com

Contacto: Silvia Roca
Coordinadora de produción
Tel: +34 696 233 642